Thursday 09 de May de 2024

O supremo estudiará a mega urbanización das Casas Bailly en Cambre


O Tribunal Supremo admitiu a trámite un recurso do Concello de Oleiros contra a construción dunha macro urbanización arredor das Casas Bailly, na zona limítrofe entre os dous municipios.

A masificación residencial que pode producirse coa construción dese importante número de vivendas afectará dalgún xeito non só ao paisaxismo urbano da zona, senón tamén aos aspectos relacionados coa mobilidade, pois a súa influencia non afecta só ao municipio de Cambre, senón que pode crear problemas na rede viaria de Oleiros.

O recurso admitido agora polo Supremo fora rexeitado polo Tribunal Superior de Galicia. Grazas á admisión a trámite, renace esperanza de que non chegue a realizarse esa importante urbanización xusto no límite, que suporía unha auténtica compactación urbana como a que é habitual no municipio veciño.